II Concurso

 

CONVOCATORIA DO II CONCURSO INTERUNIVERSITARIO DE INTEGRIDADE ACADÉMICA NO SUG

 

O Grupo Interuniversitario de Integridade Académica no Sistema Universitario de Galicia composto polos grupos GIACE da UDC,
IDEA da USC e GIE da UVigo, convoca o I Concurso Universitario de Integridade Académica no SUG.


AMPLIACIÓN DEL PLAZO DE ENTREGA:

Se amplía el plazo de entrega hasta el día 22 de abril de 2024 a las 23 horas.

OBXECTO DO CONCURSO

O obxecto do concurso é a realización dun cartel sobre as condutas e prácticas que debe ter en conta e poñer en práctica o alumnado co fin de evitar accións contra a integridade académica. A finalidade céntrase en concienciar e potenciar a cultura ética e a responsable na integridade académica na Educación Superior. 

BASES  DO CONCURSO 

1. Participantes  

Poderá participar o alumnado (de grao e máster) das Facultades e centros das tres universidades públicas galegas (UDC, USC e UVigo). O cartel realizarase individualmente.


2. Temática 

O cartel terá que reivindicar as condutas e prácticas que o alumnado debe poñer en usopara evitar accións contra a integridade académica nun ou varios dos seguintes aspectos:

 

Accións deshonestas nos exames:

  • Empregar “costeletas” para copiar nun exame.
  • Empregar dispositivos tecnolóxicos (móbiles, tabletas, auriculares sen fíos,...) para copiar nun exame.
  • Copiar dun o dunha compañeiro/a durante un exame.
  • Permitir que un ou unha compañeiro/a me copie durante un exame.
  • Suplantar a outra persoa nun exame.
  • Permitir que outra persoa me suplante nun exame.
  • Compartir na Internet un exame.
  • Conseguir un exame dun o dunha compañeiro/a que xa o realizou.
  • Vender un exame.
  • Mercar un exame.
  • Negar estar a copiar nun exame cando se está facendo.
  • Utilizar un pretexto falso para pedir aprazar un exame.

 

Accións deshonestas nos traballos   

  • Entregar como propio un traballo completo descargado da Internet, sen modificalo.
  • Facer un traballo a partir de fragmentos copiados literalmente sen pór os/as autores/as.
  • Engadir referencias bibliográficas non consultadas nun traballo.
  • Excluír nun traballo referencias bibliográficas consultadas. 
  • Presentar como propia unha obra traducida literalmente da Internet, que foi escrita noutro idioma.
  • Incluír fotografías, imaxes, vídeos, etc. nun traballo sen pedir autorización para o seu uso.
  • Utilizar un pretexto falso para pedir aprazar a entrega dun traballo. 
  • Presentar como propio un traballo doutro/a alumno/a.  
  • Mercar ou vender un traballo.
  • Incluír datos falsos nun traballo. 
  • Entregar como propio un traballo completo realizado mediante intelixencia artificial.


Accións deshonestas cara o profesorado  

  • Falsificar documentos académicos (certificados de notas, etc.)  
  • Omitir a comunicación ao profesorado de casos de fraude cometidos por outros/as alumnos/as. 
  • Utilizar un pretexto falso para xustificar a non asistencia a clase. 
  • Inventar problemas persoais para que o/a profesor/a modifique a cualificación da avaliación.
  • Falsificar a sinatura dun ou dunha profesor/a nun documento. 


Accións deshonestas cara os/as compañeiros/as   

  • Incluír a un ou unha compañeiro/a nun traballo en cuxa elaboración non participou.  
  • Negarse a cooperar nun traballo en equipo.
  • Menosprezar as achegas dun ou dunha compañeiro/a nun traballo.
  • Danar o material de traballo dos/das compañeiros/as.
  • Interferir na realización das actividades académicas dos/das compañeiros/as. 

 

3. Características técnicas

As propostas  deberán atender ás seguintes  características técnicas:

 

  • O formato será cartel.
  • O cartel realizarase en formato dixital (presentación horizontal). DIN A4 ou DIN A3
  • A resolución mínima de imaxes será de 300 pp.  
  • O cartel deberá presentarse en galego e castelán.
  • O cartel deberá ser orixinal e inédito e non poderá incluír imaxes con dereitos de autoría.
  • No cartel non se incluirá a autoría de quen o presenta, así como calquera outra referencia que permita a súa identificación.
  • O arquivo enviarase en formato jpg e pdf nun arquivo  identificado da forma seguinte: apelido_apelido_nome_siglas da universidade (UDC/USC/UVigo).

 

4. Prazo de presentación 

O prazo de presentación será dende o día seguinte da publicación das bases na páxina web https://integridadacademica.com e naquelas propias das Facultades e centros implicados, ata o día 29 de febreiro de 2024 ás 24 horas

 

5. Forma de envío dos traballos 

  • Os traballos deberán remitirse  en formato electrónico xunto coas versións en jpj e pdf para galego (Ga) e castelán (Cas):
    • nome_apelido_apelido_sigla Universidade_cartel_Ga. jpg
    • nome_apelido_apelido_sigla Universidade_cartel_Cas. jpg
    • nome_apelido_apelido_sigla Universidade_cartel_Ga.pdf
    • nome_apelido_apelido_sigla Universidade_cartel_Cas.pdf

Exemplo: 

jesus_munoz_cantero_UDC_cartel_Ga.jpg 
jesus_munoz_cantero_UDC_cartel_Cas.jpg  
jesus_munoz_cantero_UDC_cartel_Ga.pdf 
jesus_munoz_cantero_UDC_cartel_Cas.pdf 

 

 

  • Certificado de estar matriculado/a nun título de grao ou máster nalgunha das Facultades ou centros das tres universidades publicas do SUG.
    O nome deste arquivo deberá referenciarse como nome_apelido_apelido_sigla Universidade_matrícula 

Exemplo: 

jesus_munoz_cantero_UDC_matricula 

 

  • Os documentos (cartel en jpg e pdf en galego e castelán e documento de matrícula) deberán enviarse o seguinte enderezo:

              concurso@plaxio.org

 

  • No corpo do mensaxe deberán incluírse os seguintes datos do/a  participante:
    • Nome e apelido do/a autor/a, 
    • Facultade, 
    • Universidade, 
    • Titulación que cursa, 
    • Curso, 
    • Correo electrónico (institucional)

 

6. Premios 

  • Concederase un único premio por cada Universidade. O premio consistirá nunha Tableta GALAXY TAB A8 WIFI 64GB con pantalla 10,5.   
  • Darase certificado para o 2º e 3º premio.

 

7. Criterios de valoración 

  • A mensaxe sobre a integridade académica.
  • A calidade técnica.
  • A orixinalidade.
  • A creatividade.  

 

8. Aceptación das bases 

A participación no concurso implica a aceptación das bases.   

As persoas que participen, responsabilizaranse da súa orixinalidade e autoría. A participación fraudulenta dará lugar á exclusión da solicitude presentada, sen prexuízo doutras responsabilidades que puidesen esixirse pola mesma.  

 

9. Xurado 

  • As persoas que formarán parte do xurado serán os/as Vicerreitores/as de Investigación das tres universidades ou en seu defecto, os/as decanos/as das tres Facultades de Ciencias da Educación das tres Universidades e cinco membros do Grupo Interuniversitario de Integridade Académica no Sistema Universitario de Galicia. 
  • A  resolución do xurado será inapelable e se o considera conveniente poderá deixar o premio deserto. 

 

10. Dereitos de propiedade 

  • A propiedade intelectual dos traballos será dos/das participantes, se ben a organización poderá facer uso deles como mecanismos de difusión nas súas redes sociais, sempre que non supoñan  ánimo de lucro, polo que non se poderá comercializar con eles.
  • O Grupo interuniversitario resérvase o dereito a procesar, adaptar, modificar e corrixir con total liberdade os traballos gañadores co fin de adaptalos ás necesidades propias do obxecto do concurso.

 

 

Esta actividad forma parte de la colaboración existente entre "Grupo Interuniversitario de Integridade Académica no Sistema Universitario de Galicia" y el proyecto PID2022-141031NB-I00 financiado por MCIN/ AEI/10.13039/501100011033/ y “FEDER Una manera de hacer Europa”

 

 

Ganadores do I Concurso Interuniversitario de integridade académica no SUG

 

1º Premio Universidade da Coruña
1º Premio Universidade de Santiago de Compostela
1º Premio Universidade de Vigo